Batalla do Pantano de Vargas
Batalla do Pantano de Vargas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Monumento dos lanceiros na batalla do pantano de Vargas. | |||||||||
|
A batalla do Pantano de Vargas foi un enfrontamento armado que ocorreu no hoxe chamado Pantano de Vargas, no concello colombiano de Paipa, o 25 de xullo de 1819. Enfrontou as tropas patriotas e as tropas realistas na campaña libertadora pola independencia de Nova Granada, hoxe Colombia, Panamá, Venezuela e Ecuador.[1]
Nela, o exército neogranadino-venezolano ó mando de Simón Bolívar[2] pretendía pechar o paso ás forzas de apoio de José María Barreiro que se dirixía á cidade de Bogotá. Esta batalla resultou moi difícil para os homes ó mando de Bolívar, que estiveron preto da derrota xa que o exército atopábase esgotado e desorganizado tralo difícil ascenso ao páramo de Pisba.
Monumento
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lanceiros do Pantano de Vargas.
Para a celebración dos 150 anos da independencia, Rodrigo Arenas Betancourt esculpiu os cabalos e xinetes en bronce, mentres que a estrutura de concreto, aceiro e bronce foi deseñada polo enxeñeiro Guillermo González Zuleta. Mide 100 metros de longo, 30 metros de ancho e 33 metros de alto. Os 15 cabalos son de bronce e pesan cada un case 2 toneladas, sendo o monumento máis grande de Colombia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Se libró la Batalla del pantano de Vargas". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ "Hace 198 años Bolívar libró la Batalla del Pantano de Vargas - El Carabobeño". El Carabobeño (en castelán). 25 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2018.